
Hoxe temos unha cita importante:
Agardámoste na entrada principal do Hospital de Montecelo para compartir un novo encontro, un espazo de apoio, información e acompañamento.
*De 10:00 a 12:00
*Hospital de Montecelo, Pontevedra
Xuntas e xuntos seguimos facendo comunidade, sumando experiencias e avanzando cara a unha mellor calidade de vida.
Non faltes!
E como xa adelantaramos, os luns pola mañán temos a atención presencial para todas as personas e familias da área de Pontevedra na Casa Azul.
Pero se precisades outro horario contactade con nós e baixo demanda nos axustamos as vosas necesidades.
Esta atención forma parte do Proxecto BETA, un proxecto de atención en diabetes, que forma parte do Plan Social Ence de @enceenergiaycelulosa
Pero este plan vai moito máis alá, en breve teredes máis novas.