Neste mes de novembro ANEDIA ten unha exposición fotográfica no Hospital Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
Unha mostra de 25 fotos que intentan reflexar a nosa vida con diabetes, son fotos aportadas polas familias e que representan instantáneas das nosas vidas. As fotos foron seleccionadas por Cris Figueiras, fotógrafa e a montaxe é obra de Rocío Cejudo, arquitecta.
Todas as fotos contan cun título que reflexa un sentimento ou actitude, e na montaxe aparecen elementos relacionados coa diabetes, as caixas de Glugagón e bolis de insulina.
A montaxe da exposición fíxose con caixas reclicladas.
A exposición foi inaugurada coa presencia de Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza e Beatriz Pais Iglesias, Subdirectora de Calidade, Humanización e Atención ao Paciente, Rocío Cejudo vicepresidenta de Anedia, Cris Figueiras comisaria da exposición e Verónica Santacreu socia de Anedia.
Agradecer a Leroy Merlin Santiago a súa colaboración, donando os marcos das fotos desta exposición.
Agardamos que esta exposición vos guste a todos os que podades pasar a visitala!