EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO HOSPITAL DA BARBANZA


As persoas que acuden nestes dias ao Hospital da Barbanza, poderán ver nas salas de consultas a mostra de Fotografía de Anedia Galicia e Pichero Estudio Fotografico.

Unha mostra que nos mostra que a diabetes non nos vai impedir chegar a onde queiramos, as metas as temos que poñer nós.
Este proxecto conta ca subvención de Cultura da Deputación da Coruña, porque a diabetes está presente en todas as áreas da nosa vida.
Agradecer á xerencia do Hospital a súa colaboración para realizar esta exposición.