
ANEDIA organiza a exposición “A Orixe. Diabetes, un camiño de vida”, unha mostra que recolle en imaxes a experiencia de mozas e mozos con diabetes realizando o Camiño de Santiago do Barbanza.
A través desta exposición, amosamos o Camiño como metáfora da vida con diabetes: un percorrido cheo de esforzo, aprendizaxe, superación e compañeirismo.
Datos da exposición:
Lugar: Centro Sociocultural Ágora (A Coruña)
Datas: Do 16 ao 30 de abril de 2025
Esta actividade forma parte do noso proxecto Somos Tipo 1 A Coruña, subvencionado polo Concello da Coruña, e a exposición está subvencionada pola Deputación da Coruña.
“A Orixe” é unha oportunidade para sensibilizar a sociedade sobre a realidade da diabetes en nenos, nenas e xente nova, visibilizando as súas fortalezas e retos a través dunha experiencia tan especial como é facer o Camiño de Santiago.
Animámosvos a achegarvos a coñecer estas historias que inspiran!