ESTUDO SOBRE HÁBITOS SAUDABLES ENTRE A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL CON DIABETES TIPO 1


A colaboración de ANEDIA  cos distintos colexios profesionales galegos dou como resultado un estudo  sobre hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil que padece diabetes tipo 1, un traballo que é froito o esforzo conxunto do  Colexio Oficial de Educadores/as Físico Deportivos/as (COLEF), Colexio Oficial de Dietistas e Nutriticionistas (CODINUGAL), o Colexio Oficial de Psicoloxía (COP).

O obxectivo á hora de elaborar este informe, que comezou a desenvolverse no ano 2023, é axudar a mellorar a calidade de vida das persoas que teñen diabetes tipo 1. Para iso, realizáronse  un total de 177 formularios entre rapaces e rapazas galegas, cunha media de idade de 13 anos, que sirven para ofrecer unha instantánea que amosa que “existe unha poboación moi consciente de todo o esforzo e coidados que require a diabetes tipo 1, pero tamén cunha ampla marxe de mellora en varias cuestións”, sobre todo na percepción que se ten do entorno no que viven e de cuestión sobre todo de saúde emocional e de apoio nos centros educativos, pero tamén nos clubles deportivos por exemplo.

Asemade, constátase tamén que diversas áreas da calidade de vida se ven afectadas unha vez se recibe o diagnóstico desta enfermidade, especialmente no que se refire á saúde física e ao estado de ánimo

Os resultados e conclusións deste estudo daranse a coñecer nun acto que se celebrará no mes de xuño en Pontevedra. Está previsto que na cita se inclúa unha mesa de debate cos e coas profesionais que participaron na realización deste estudo, así como con personalidades no eido educativo e sanitario.

Confiamos en que  este estudo sriva para achegar información necesaria e de utilidade á sociedade, así como “para poder debatir sobre as súas implicacións, en distintos foros.

Queremos agradecer tamén a implicación de todas as persoas que participaron neste proxecto, temos claro que o futuro pasa por continuar coas colaboracións nos distintos ámbitos  profesionais xa que a diabetes vai máis alá das consultas actuais, e son moitos os ámbitos que inda están sen traballar en diabetes.

Compartimos con vós este estudo e vos emplazamos ao acto que realizaremos a mediados de xuño para analizalo máis en profundidade.