ANEDIA en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COP Galicia), Colexio Profesional de Dietistas-Nutricionistas deGalicia (CODINUGAL), Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) e a Universidade de Vigo, estamos a traballar nun proxecto colaborativo interprofesional, a prol da saúde e o benestar da saúde da poboación, e neste caso concreto das persoas con diabetes.
A diabetes tipo 1 segue a ser unha gran descoñecida e tende a confundirse con outros tipos de diabetes, e está rodeada de moitos mitos e bulos.
Existe un sector especialmente vulnerable que é a mocidade galega, e por iso de momento o proxecto conta con dúas finalidades:
1 Deseñar e administrar un formulario para o estudo de hábitos saudables entre a mocidade galega con Diabetes tipo 1.
2 Realizar unha guía de hábitos saudables entre a mocidade galega con Diabetes tipo 1.
Pero para poder avanzar no noso traballo necesitamos a colaboración de todas as familias e persoas implicadas.
Precisamos que cubrades este formulario que vai dirixido a persoas con diabetes tipo 1 que teñan entre 3-18 anos. No caso necesario, será unha persoa adulta (pai, nai, titor/a) quen lle axude nas respostas, ou directamente o cubra ela mesma.
ENLACE FORMULARIO: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe5DQY9GWBN-wvor0xI3XGq5bvLdiNxh3F3nPLn7_uZhMv77w/viewform
· A participación estará aberta ata o día 05.09.2023 (23:59h)