Estatutos

ANEDIA,

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia

  CAPITULO I. DA ASOCIACION EN XERAL

Artigo 1

Coa denominación ANEDIA “ASOCIACION DE NENAS, NENOS E XENTE NOVA CON DIABETES DE GALICIA”, constitúese unha asociación sen ánimo de lucro e de carácter aconfesional e non partidista, dotada de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, adaptando seus estatutos ó establecido na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora de Dereito de Asociación (B.O.E. de 26/03/2002). A Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia exercerá a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

I. A Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia ten os seguintes fins:

a)Asesorar e proporcionar axuda social, sanitaria, psíquica, física, laboral, legal, terapéutica e asistencia a tódalas persoas afectadas por Diabetes Tipo I, así como os seus familiares e entorno social, co fin de lograr a integración total desde colectivo, facendo fronte a enfermidade de forma activa e positiva.

b) Facilitar o benestar social a tódalas persoas con Diabetes Tipo I, colaborando e contribuíndo coas entidades públicas no establecemento de cantas disposicións legais sexan necesarias para fomentar e garantir a máxima protección posible deste colectivo, e se evite calquera prexuízo social lográndose a total integración social.

c) Estimular, fomentar e propor o estudo, investigación experimental e clínica e desenvolvemento sobre as causas e tratamento da diabetes en menores, así como os métodos curativos a través dos diferentes profesionais da saúde. Colaborar na realización de estudos de carácter educativo, social, xurídico, psicolóxico, epidemiolóxico, ou outros, que faciliten a solución dos problemas do menor de 30 anos con Diabetes Tipo I.

d) Prestación de servizos de prevención e promoción da autonomía persoal axeitada á topoloxía dos usuarios da entidade.

e) Reivindicar a asistencia médica, especializada e multidisciplinar para tódalas persoas con Diabetes Tipo I.

f) Instar á Administración Sanitaria e á Administración Educativa para que proporcione tódolos medios necesarios para o autocoidado da diabetes.

g) Proporcionar información e unha axeitada Educación Diabetolóxica, teórica e práctica, a socios, familiares, escolas e poboación en xeral. Fomentar unha Educación Diabetolóxica de calidade para todos.

h) Defender os dereitos dos menores de 30 anos con Diabetes Tipo I có fin de conseguir a súa plena integración escolar, social e laboral.

i) Resolver as necesidades dos menores de 30 anos con diabetes tipo 1 nos ámbitos sanitario, escolar, familiar, universitario, laboral, … , derivados da súa condición de persoa menor ou nova de con Diabetes Tipo I.

j) Promover, crear e organizar accións sociais, sanitarias, educativas, informativas, de concienciación, divulgación, etc… a través de proxectos de sensibilización e normalización para a sociedade e as institucións.

k) Potenciar a relación entre nenos, nenas, mozos, mozas e familiares de menores de 30 con Diabetes Tipo I e prestar apoio ós familiares.

l) Establecer relacións con outras asociacións de persoas con diabetes e con outros colectivos relacionados directa ou indirectamente coa diabetes.

m) Promoción, intervención e integración de proxectos sociais, sanitarios, discapacidades invisibles e educativos.

n) Promover e crear os servizos sociais, de asistencia técnica e xestións especializada que se estimen oportunos segundo as circunstancias da Diabetes Tipo I, supervisadas polos correspondentes profesionais a materia, sobre todo en tema de discapacidade e minusvalía.

o) Realizar tódalas accións precisas para o logro dos fins mencionados e que sirvan para mellorar a calidade de vida de persoas con Diabetes tipo I, independentemente da súa idade.

p) Abrir delegacións en calque lugar de Galicia, para desenvolver axeitadamente calquera programa ou proxecto.

 

II. Para a consecución destes fins a Asociación poderá realizar, entre outras, as seguintes actividades:

a) Actividades educativas dirixidas a persoas menores de 30 anos con Diabetes Tipo I, familiares e poboación en xeral. Actividades educativas dirixidas a maiores de 30 anos
con Diabetes Tipo 1 e familiares.

b) Actividades sociais, encontros e convivencias.

c) Actividades formativas para directivos, monitores e colaboradores. De investigacións básicas, continuadas e especializadas oportunas que cubran as necesidades dos doentes, dos profesionais, dos sanitarios, dos familiares e da poboación en xeral, vinculados á diabetes tipo I, como actos, seminarios, cursos, conferencias, publicacións, etc….

d) Actividades de colaboración con organismos públicos e privados.

e) Actividades de divulgación, sensibilización, información, concienciación e difusión.

f) De promoción do avance de programas de investigación e desenvolvemento.

g) De concienciación social, laboral e educativas dirixidas a familiares e poboación en xeral.

h) De captación de fondos para dotarse dos medios persoais e materiais necesarios para o cumprimento dos seus fins. Os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente o cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados, nin noutras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Artigo 3

O domicilio social da ANEDIA Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia, establecese na CASA AZUL, Rúa Sor Lucía nº 4, 36002 . Pontevedra, podendo establecerse outros enderezos sociais nas delegacións existentes.

Artigo 4

a) Réxime Xurídico. 

ANEDIA Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia, réxese pola lexislación vixente, o presente Estatuto así como polos acordos que adopten os seus Órganos de Goberno.

b) Declaración de principios.

  1. ANEDIA, asociación de nenos,nenas e xuventude con diabetes de Galicia exerce as súas funcións con absoluta independencia da Administración Pública e de calquera organización médica ou sanitaria, pública ou privada, se ben poderá prestar ou solicitar a colaboración daquelas entidades que puidesen achegar calquera beneficio á poboación con Diabetes Tipo I.
  2. A consecución dos fins perseguidos por ANEDIA Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia beneficia a tódolos menores afectadas por diabetes tipo 1 no seu ámbito territorial.

Artigo 5

A duración da Asociación será por tempo indefinido. O acordo de disolución adoptarase conforme ós presentes estatutos.

CAPITULO II. DOS SOCIOS

Artigo 6

Na asociación poderán existir os seguintes tipos de socios:

a) Numerarios: Pais, nais, titores ou representantes legais dun menor con Diabetes Tipo I. Teñen voz e voto. Poden ser electores e elixibles e poderán formar parte da Xunta Directiva.

b) Numerarios Novos, aquelas persoas con Diabetes Tipo 1 con idades a partir de 14 e menores de 30.

Os menores de 18 non poderán formar parte da Xunta directiva.

c) Numerarios adultos, aquelas persoas con Diabetes Tipo 1 con idades a partir de 30 anos.

d) Socios colaboradores: tódalas persoas físicas, entidades, organismos, organizacións e institucións públicas ou privadas, e empresas que están interesadas en apoiar os obxectivos da asociación e teñan vontade de permanencia. Terán voz, pero non voto. Non poden ser elixibles nin electores.

e) De mérito: aquelas persoas físicas ou xurídicas que se fagan acredoras do recoñecemento da Asociación . Terán voz, pero non voto. Non poden ser elixibles nin electores.

Artigo 7

1. Forman parte da ANEDIA asociación de nenas, nenos e xuventude con diabetes de Galicia aquelas persoas físicas ou xurídicas tras o acordo do seu órgano competente, que o soliciten voluntariamente, se sometan ó cumprimento dos Estatutos e reúnan os seguintes requisitos:

a) Non ter débedas coa asociación.

b) Persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación e acepten os seus estatutos.

c) Que teñan interese en realizar actividades que contribúan o avance da calidade de vida desde colectivo.

d) Que teñan respecto polo desenvolvemento das actividades e pola igualdade de oportunidades con tolerancia.

2. Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, aquelas persoas con Diabetes Tipo 1 (de entre 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir) que participen da asociación. . Os menores de idade sempre con previa autorización familiar ou tutelar entregada á asociación.

3. Poderán ser integrantes da asociación na súa sección de adultos maiores de 30 anos con Diabetes Tipo 1, aquelas persoas que cumpren o requisito de idade e que participen da asociación.

4. Quenes desexen pertencer á Asociación o solicitarán por escrito dirixido a presidenta ou presidente, que dará conta á Xunta Directiva que resolverá sobre a admisión ou non admisión.

5. As persoas xurídicas poderán designar un máximo de cinco persoas físicas que as representen, pero de ser o caso, o seu voto computará como único.

Artigo 8

  1. Forman parte da asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia aquelas persoas físicas ou xurídicas tras o acordo do seu órgano competente, que o soliciten voluntariamente, se sometan ó cumprimento dos Estatutos e reúnan os seguintes requisitos:

a) Non ter débedas coa asociación.

b) Persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación e acepten os seus estatutos.

c) Que teñan interese en realizar actividades que contribúan o avance da calidade de vida desde colectivo.

d) Que teñan respecto polo desenvolvemento das actividades realizadas pola asociación.

Artigo 9

Os socios causarán baixa por:

a) Vontade propia.

b) Impago de cotas.

c) Incumprimento de súas obrigas coa Asociación.

d) Cando recae sobre o socio sentencia firme dos Tribunais por delito cunha transcendencia que atente contra a Asociación, o seu patrimonio, os seus Órganos de Goberno ou o cumprimento dos obxectivos da mesma, ou implique pena de inhabilitación para desempeñar cargos públicos.

Artigo 10

Todo socio que sexa dado de baixa na Asociación perderá tódalas facultades ou dereitos que teña como socio.

Artigo 11

Créase unha sección xuvenil destinada a promover os fins da asociación dentro do ámbito da xente nova. Estará formada polos socios menores de 30 anos e maiores de 14.

Créase unha sección de adultos, maiores de 30 anos destinada a promover os fins da asociación dentro do ámbito da súa idade.

Artigo 12 . Dereitos dos socios

Os socios de calquera tipo terán os seguintes dereitos:

a) Participar nas actividades e actos na forma que, en cada caso, dispoña a Xunta Directiva.

b) Propoñer reformas e achegar aquelas suxestións que estimen oportunas para a maior eficacia dos fins da Asociación.

c) Figurar no ficheiro de socios previsto pola lexislación vixente.

d) Facer uso dos beneficios e servizos que a Xunta Directiva e a Asemblea xeral establezan para o cumprimento dos fins sociais.

e) Participar con voz nas Asembleas e ser informados das súas convocatorias.

f) Solicitar información ós órganos directivos sobre a marcha da Asociación.

g) Ser informado, previa solicitude, dos acordos adoptados pola Xunta directiva e a Asemblea Xeral.

h) Posuír un carné que o acredite como socio.

i) Exercer todas aquelas potestades que lles confiren os Estatutos e a lexislación vixente

A maiores disto.

Os socios numerarios e os socios numerarios novos e os socios numerarios adultos terán dereito a:

k) Participar co seu voto nas Xuntas Xerais

l) Elixir ós membros dos órganos directivos da Asociación.

m) Aprobar, en Xunta Xeral, tódalas contas e balances que presente a Xunta Directiva.

Os socios numerarios e o socios numerarios novos maiores de idade e os socios numerarios adultos:

n) Poderán ser elexidos como membros dos órganos directivos da Asociación.

 

Artigo 13 . Deberes dos socios

Os socios de calquera tipo terán os seguintes deberes:

a) Aceptar e respectar os presentes Estatutos.

b) Satisfacer as cotas que se establezan, en Asemblea Xeral, para cada tipo de socio. A Xunta Directiva poderá eximir temporalmente a un socio ou socia do pago das cotas, previa solicitude a presidenta ou presidente se así o considera despois de valorados os motivos desta solicitude. A exención debe ser revisada cada ano.

c) Asistir ás Xuntas Xerais.

d) Cumprir os acordos que adopten os Órganos de Goberno.

e) Prestar cantos servizos determinen os Estatutos e os acordos dos Órganos de Goberno.

f) Cumprir co resto de obrigacións que resulten das disposicións estatutarias e das leis aplicables.

Os socios numerarios e os socios numerarios novos maiores de idade e os socios numerarios adultos terán o deber de:

g) Desempeñar os cargos directivos para os que fosen elixidos unha vez aceptado o cargo.

 

CAPITULO III. DOS ORGANOS DE REPRESENTACION DA ASOCIACION

Artigo 14

A Xunta Xeral de socios é o Órgano supremo de goberno da asociación ANEDIA Asociación de nenos,nenas e xente nova con diabetes de Galicia.

Estará composta tódolos socios, e onde todos terán voz, pero só terán voto os socios numerarios, e os numerarios novos e os socios numerarios adultos.

Reunirase con carácter ordinario dentro do primeiro semestre de cada ano, e con carácter extraordinario sempre que sexa convocada pola Xunta Directiva, ben por propia iniciativa ou a petición do 10% dos socios.

Artigo 15

A Xunta Xeral, tanto Ordinaria como Extraordinaria, será convocada con polo menos 8 días de antelación pola Xunta Directiva, que enviará a tódolos socios a orde do día.

Artigo 16

Son facultades da Xunta Xeral Ordinaria:

a) Aprobar a acta da reunión anterior.

b) Examinar e aprobar o balance do exercicio anterior

c) Aprobar os presupostos de cada exercicio.

d) Decidir sobre a aplicación concreta dos fondos.

e) A elección dos cargos da Xunta Directiva.

f) Aprobar a cota de socio anual.

g) Aprobar e modificar os Estatutos.

h) Fixar todas aquelas reivindicacións que tivesen lugar.

i) Estudar e resolver cantos asuntos estean pendentes ou se sometan a proposta da Xunta Directiva.

j) Aprobar a integración da asociación ANEDIA asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes de Galicia en Entidades relacionadas coa diabetes sempre que cumpran fins similares ós sinalados nestes Estatutos.

Artigo 17

Son facultades da Xunta Xeral Extraordinaria:

a) Acordar a disolución da Asociación.

b) Tratar os temas que, sendo competencia da Xunta Xeral Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade non poden agardar a súa convocatoria sen grave prexuízo para a Asociación.

c) Tratar calquera asunto de interese que non sexa competencia exclusiva da Xunta Xeral Ordinaria ou da Xunta Directiva.

d) Tratar os asuntos dos socios peticionarios polos que se convoca a Xunta Extraordinaria, que deberán solicitarse, tanto a convocatoria como a orde do día, ó menos polo 10% de los socios.

e) Resolver os recursos que os socios presenten.

Artigo 18

Para que a Xunta Xeral, tanto ordinaria como extraordinaria, quede validamente constituída, é preciso que asistan en primeira convocatoria a metade máis un dos socios. En segunda convocatoria, que poderá verificarse na mesma citación da primeira para media hora despois, será válida a constitución da Xunta calquera que sexa o número de asistentes. A Mesa da Xunta Xeral estará constituída pola Xunta Directiva, actuando como Presidente e Secretario da Xunta Xeral o Presidente e Secretario da Xunta Directiva, ou aqueles que legalmente os substitúan.

Artigo 19

Para adoptar acordos será preciso a maioría simple dos presentes e representados. Sen prexuízo das cualificacións requiridas por lei e tendo en conta o carácter benéfico da asociación así como a importancia de seus fins en ningún caso poderán estes verse prexudicados pola falta de asistencia ás convocatorias validamente anunciadas. Os casos de empate e os acordos que esixan outras maiorías serán desenvolvidos regulamentariamente. Os acordos adoptados obrigarán a tódolos socios, incluso ós non asistentes. Das reunións levantarase acta que deberá ser firmada polo Presidente e polo Secretario. A aprobación das Actas verificarase mediante a súa lectura ó inicio da Xunta Xeral seguinte á que fai referencia.

Artigo 19 bis. Votación por medios telemáticos. 

A votación poderá realizarse por medios telemáticos naqueles casos en que o aprobe a Xunta Directiva. Para iso deberán seguir os procedementos que en cada caso serán previamente definidos pola Xunta. O voto só poderase emitir durante o período determinado pola Xunta. O Secretario informase os socios da forma de exercicio do voto telemático. O exercicio das diferentes modalidades de voto anticipado son excluíntes entre si; o exercicio do voto electrónico exclúe o dereito para facelo presencialmente.

Artigo 20

A Xunta Directiva é o órgano encargado da dirección, goberno e administración da asociación ANEDIA asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes de Galicia, do cumprimento e execución do establecido nos presentes Estatutos e dos acordos validamente adoptados pola Xunta Xeral de socios.

Artigo 21

A Xunta Directiva estará composta polos cargos electos, que son: Presidenta Vicepresidenta Secretaria Tesoureiro Vogais

Tamén estarán na Xunta Directiva, con voz e voto, os/ vogais, que serán nomeados e retirados pola Xunta Directiva en función das necesidades organizativas do momento.

Poderán nomearse máis dunha vicepresidenta ou vicepresidente de cara a garantir a participación dos diferentes territorios e grupos de idade.

Artigo 22

Os cargos electos serán nomeados pola Xunta Xeral de socios. Os que aspiren a obter un cargo poderán presentar a súa candidatura no prazo que regulamentariamente se estableza.

A Xunta Directiva renovarase:

a) Os cargos de Presidente/a e Secretario/a de xeito alternativo cada dous anos, empezando polo Secretario/a.

b) Os cargos restantes por unha metade dos mesmos alternativamente, cada dous anos. Os directivos saíntes poderán presentarse á reelección e ser reelixidos por un novo período de dous anos. Os cargos serán gratuítos e honoríficos.

Os cargos electos terán unha limitación máxima de dúas reeleccións (seis anos como máximo en cada cargo). As vacantes que se puidesen producir durante o mandato de calquera dos membros da xunta directiva, serán cubertas provisionalmente entre os citados membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral Extraordinaria. No caso de que non se cubra el cargo de Presidente en la Xunta Directiva, poderá ser cuberto ata a seguinte Asemblea, en forma de presidente saínte pola persoa que ocupe o cargo ata ese momento. Calquera membro da xunta directiva poderá causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á xunta directiva, polo incumprimento das obrigas que tivese encomendadas e pola expiración do mandato.

Artigo 23

A Xunta Directiva reunirase ó menos unha vez ó trimestre previa citación feita por escrito cunha antelación mínima de tres días. Das reunións levantará acta o Secretario/a, debendo ser firmada polo Presidente/a e o Secretario/a. A Xunta Directiva quedará validamente constituída cando asistan a metade dos membros con cargos que estean efectivamente ocupados e sempre que entre eles estean o Presidente/a ou o Vicepresidente/a. Os acordos adoptaranse por maioría simple sen prexuízo das cualificacións requiridas por lei. En caso de empate decidirá o voto do Presidente/a.

Artigo 24

Corresponden á Xunta Directiva as seguintes funcións:

a) Dirixir e administrar a Asociación.

b) Executar os acordos adoptados no seo da mesma e pola Xunta Xeral de socios.

c) Convocar e fixar a data da Xunta Xeral.

d) Elaborar e presentar ós socios os programas de traballo e os proxectos de actividades, levalos a cabo e informar sobre súa xestión e realización.

e) Analizar a situación da Asociación.

f) Establecer e ampliar os servizos ós socios.

g) Contratar o persoal que se estime necesario.

h) Nomear os vogais, comisións de traballo, seccións e asesores que se estimen oportunos para cubrir as necesidades da Asociación.

i) Propoñer á Xunta Xeral de socios a modificación dos Estatutos e a súa aprobación.

k) Ditar un Regulamento de Réxime Interior para a mellor organización funcional da Asociación.

l) Establecer contactos con outras asociacións de persoas con diabetes e entidades relacionadas directa ou indirectamente coa diabetes para o cumprimento dos fins da Asociación.

m) Exercer cantas funcións non estean expresamente asinadas á Xunta Xeral de socios.

n) Adoptar os acordos de admisión de novos socios e de expulsión.

o) Abrir e pechar contas bancarias.

p) Elaborar os presupostos e balances.

q) Establécese como función dos cargos electos intervir nas distintas comisións que se creen, estando obrigados a contribuír no desempeño das tarefas asignadas ó persoal contratado.

Artigo 25 .Do Presidente/a.

Corresponde ó Presidente/a:

a) Ostentar a representación da Asociación ante calquera organismo público ou privado, así como asumir a dirección da mesma.

b) Fixar, convocar, presidir e dirixir as reunións da Xunta Xeral e da Xunta Directiva e executar os acordos que se adopten.

c) Controlar e coordinar o traballo da Xunta Directiva e de cada un dos seus membros.

d) Adoptar en caso de urxencia as decisións que estime adecuadas para a defensa da Asociación e dos seus socios, comunicándoo no máis breve prazo posible ós demais Órganos de Goberno segundo a súa natureza.

e) Conformar as Actas e Certificacións das Xuntas Xerais e da Xunta Directiva, así como os documentos xurídicos e oficiais.

f) Velar polo cumprimento dos fins da Asociación e dos Estatutos.

Artigo 26 Do Vicepresidente/a.

É facultade do Vicepresidente/a a substitución do Presidente/a no caso de ausencia, enfermidade ou vacante, así como asumir tódalas funcións que lle delegue o Presidente/a ou lle sexan asignadas pola Xunta Directiva. No suposto de que houbese máis dunha vicepresidenta ou vicepresidente, substituíra o que territorialmente esté mais cerca, ou o que decida a xunta directiva.

Artigo 27 Do Secretario/a.

Corresponde ó Secretario/a:

a) Actuar como Secretario/a nas Xuntas Xerais de socios e nas reunións da Xunta Directiva e levantar acta das mesmas, asinándoas xunto co Presidente/a.

b) Elaborar a Orde do día das reunións da Xunta Xeral de socios e da Xunta Directiva.

c) Librar certificacións co visto e prace do Presidente/a.

d) Custodiar as Actas e o listado de Socios.

e) Ter ó seu cargo a dirección do persoal contratado.

f) Redactar a Memoria de Xestión anual.

g) Realizar tódalas tarefas burocráticas propias do cargo.

Artigo 28 .Do Tesoureiro/a.

Son facultades do Tesoureiro/a:

a) Levar a contabilidade.

b) Preparar os balances e orzamentos.

c) Levar un inventario dos bens sociais.

d) Autorizar, xunto co Presidente/a ou outro membro autorizado da Xunta Directiva, os pagos e asinar os cheques.

e) Custodiar os fondos da Asociación na forma que dispoña a Xunta Directiva.

Artigo 29. Das Vogalías.

A Xunta Directiva acordará a creación de tantas Vogalías como necesidades teña a Asociación. As persoas que ocupen tales Vogalías serán designadas pola Xunta Directiva.

Artigo 30. Comisións Asesoras

a) De acordo coas necesidades de cada momento, a Xunta Directiva acordará a creación de Comisións Asesoras, como órganos consultivos sobre temas ou materias específicas. Poderán crearse, entre outras, as seguintes comisións asesoras: – Médica. – Xurídica. – Psicolóxica, etc. Será obrigatoria a asistencia de polo menos un membro de cada Comisión asesora sempre que estas fosen convocadas para asistir a unha Xunta Directiva.

b) Unha vez creada unha Comisión asesora a súa existencia será inherente á necesidade que a creou e manterá a súa actividade con espírito asociativo e permanente.

CAPITULO IV. RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 31

O patrimonio da asociación no momento da súa constitución carece de fondo social.

Artigo 32

Os medios económicos para atender os fins da Asociación serán os seguintes:

a) As cotas anuais dos socios fixadas pola Xunta Xeral.

b) As subvencións que se reciban dos Organismos Públicos.

c) As achegas voluntarias e os donativos particulares.

d) Os ingresos procedentes de actividades, servizos, publicacións, recadacións de actos benéficos sempre que respecten os obxectivos asociativos.

e) Os produtos do patrimonio da Asociación.

f) Calquera que non desvirtúe o fin benéfico perseguido.

Artigo 33

A Xunta Directiva presentará as contas anuais que serán pechadas o día 31 de decembro de cada ano para a aprobación da Xunta Xeral. Así mesmo, estará dispoñible o balance das contas do ano anterior para a consulta de quen así o solicite.

CAPITULO V.- DO REGULAMENTO DE REXIMEN INTERIOR

Artigo 34

O Regulamento de Réxime Interior desenvolverá os presentes Estatutos co fin de dinamizar as funcións dos Órganos de Goberno, no podendo ir en contra dos mesmos en ningún caso. Deberá ser aprobado pola Xunta Xeral de socios.

CAPITULO VI. DO REXIME DISCIPLINARIO

Artigo 35

A Xunta Directiva da asociación ANEDIA – asociación de nenos,nenas e xente nova con diabetes de Galicia poderá acordar a imposición de sancións ós socios polos actos e omisións que lles sexan imputables, como os contrarios á honra e respecto debido ós consocios e o bo nome da Asociación. As sancións e procedemento desenvolveranse no Regulamento de Réxime Interior.

No cumprimento das obrigacións propias de cada cargo en Xunta Directiva , así como das que nazan das delegacións ou comisións que a propia Xunta Directiva encoméndelles, hanse de respectar tanto os fins propios da Asociación como a normativa que regula o dereito de asociación, o bo nome da mesma e a dignidade dos consocios. O incumprimento reiterado das obrigacións do cargo por parte dun compoñente da Xunta Directiva, así como a actuación contraria aos estatutos, Regulamento de Réxime Interior ou ás decisións da Asemblea ou a propia Xunta Directiva, dará lugar á apertura de expediente de expulsión, con apartamento do cargo ata a finalización do expediente. O procedemento desenvolverase no regulamento de Réxime Interior.

CAPITULO VII. DA DISOLUCION

Artigo 36

A Asociación disolverase polas causas seguintes:

a) Por acordo de dúas terceiras partes dos socios da Xunta Xeral Extraordinaria convocada ó efecto.

b) Por outras causas determinadas legalmente.

c) Por sentencia xudicial.

Artigo 37

Acordada ou decretada a disolución, a Xunta Xeral Extraordinaria designará dous socios liquidadores que, xunto ó Presidente/a e ó Tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación. Do haber resultante, se o houbese, aplicarase como fondo de reserva para o cumprimento dos fins da Asociación ou por outra afín que os tivese de igual índole.  

Presidenta                                                                                       Secretaria

MARÍA JOSÉ REGO LOJO                                                   ELISA LÓPEZ CALVO

“Dilixencia: Dona María José Rego Lojo , titular da Presidencia, e Dona Elisa López Calvo, titular da Secretaría da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia, fan constar que os presentes estatutos están redactados coa inclusión das modificacións acordadas na asemblea xeral celebrada en data 18 de Novembro de 2021, de acordo cos requisitos establecidos na LO 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e seguindo o procedemento previsto nos seus estatutos.

En Pontevedra, a 28 de Xaneiro de 2022”

 

Abrir chat
Ola
En que podemos axudarche?