O comezo dunha nova iniciativa do Concello de Moaña, “Escola de Saúde”


O pasado 26 de setembro, Anedia mantivo unha xuntanza con diversos colectivos, para o inicio da “Escola de Saúde”, iniciativas coma estas son moi valiosas. Agradecemos á Concellería de Benestar Social, Igualdade e Accesibilidade de Moaña a súa aposta pola saúde.
De seguro, as outras asociacións están de acordo con nós! Afamo Morrazo, DisCamino, Adicam, EMMO – Asociación de Esclerose Múltiple do Morrazo, Aspamsim Morrazo, AFIMO, Xoga Galicia, Asociación Española Contra el Cáncer, Parkinson Provincia Pontevedra, Érguete Vigo, Doa Saúde Mental, Anedia e Agaela Galicia.