
En ANEDIA sabemos que hai historias que non sempre se ven, pero que se viven cada día. Historias de aprendizaxe, de esforzo, de noites sen durmir, de pequenas vitorias e tamén de momentos nos que simplemente necesitamos que alguén nos entenda.
En Lugo a nosa vicepresidenta deixou exemplares na Aula do Hospital Lucus Augusti. Porque ás veces un libro fai moito máis que contar unha historia. Axuda a poñer nome ao que sentimos, abre conversacións necesarias e fai que quen o le comprenda un pouco mellor o que vivimos.
E cando alguén comprende, o peso faise un pouco máis lixeiro 💙
Por iso seguimos apostando polo noso proxecto cultural “Coa diabetes na mochila”, subvencionado por Cultura de Deputación de Coruña.
A través dos libros, levamos a realidade da diabetes a centros educativos, bibliotecas, hospitais e familias de toda Galicia.