O sábado 24 de xuño pola mañán tivo lugar en Santiago o 1º Encuentro Fegadi Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabete.
O tema escollido foi actualización en diabetes. Varias ponencias que nos serviron para repasar a situación actual das persoas con diabetes en Galicia, a actualidade mundial, e unha estupenda charla de @felipeisidro sobre deporte e actividade física en persoas con diabetes grazas a Dexcom España
Tamén nos dou pé a falar das distintas realidades que vivimos en Galicia, porque a foto é distinta segundo a área sanitaria, hospital e se nos apuramos segundo o profesional.
Neste momento está en marcha o concurso de suministro de sensores e bombas por parte do SERGAS, algo moi importante porque todos temos que saber como chega a nós a tecnoloxía.
Unha ocasión que nos permiteu falar e contrastar distinas opinións e realidades das persoas que vivimos con diabetes en Galicia, e tamén de algo moi importante que as veces non temos en conta, que é a importancia de estar asociado. Ter unha voz que chegue as intitucións e nos represente é vital.
#vidacondiabetes #xuntospoladiabetes #personascondiabetes #diabetESP #diabetesgalicia #queadiabetesnontepare #diabetesReal #coadiabetesnamochila #diabetestipo1 #medrandocondiabetes #realdiabetes #somostipo1 #xuntossumamos