
O domingo día 2 de xullo foi unha xornada na que todos desfrutamos no Aquapark Sanxenxo.
Entramos pouco a pouco que a auga estaba moi fría pero foi moi divertido o aquapark e o paddle surf. Os pais e nais eran os máis reticentes a mollarse pero os rapaces tiraban por eles.
Aos maiores non dou tempo a cazalos para a foto, eran todo presas por chegar aos hinchables.
Un sensor decidiu apagarse xusto ao meter o pé na auga, pero non por iso deixamos de facer a actividade.
Son esas cousas que aprendemos sobre a marcha, e xornadas coma esta nos axudan a saber como actuar ante imprevistos, e puxemos a proba bombas, catéteres e sensores.
As charlas balsámicas de nais e pais na area e no chiringuito axudan e moito a seguir adiante, a resolver dúbidas que as veces nos costa plantexar, aprendemos entre iguais.
Os máis pequenos ven que non son os únicos que levan un sensor ou unha bomba, e fan novas amizades ou afianzan as que xa teñen.
Desfrutar e relaxarse tamén forma parte do aprendizaxe en diabetes. Así que por petición unánime repetiremos axiña.
#diabetESP #vidacondiabetes #camiñosazuis #quendixovacacións #medrandocondiabetes #coadiabetesnamochila