Encontro de Nadal


Este luns 22  pola tarde, organizamos un pequeno encontro de Nadal no noso local de Vigo, pensado como un espazo tranquilo e acolledor para as familias

Non se trata dunha festa como tal, senón dun momento para estar, falar e compartir. Durante a tarde haberá café e algo quente, decoraremos o local e prepararemos maquetas de bombas para os bonecos. Maquetes que elaboramos coa colaboración de KIDCODE.

Os nenos e nenas poderán decorar estas maquetas e levalas para casa ou xogar con elas no propio local. Tamén será posible simplemente achegarse, recoller o material ou compartir un rato sen participar nas actividades

Sabemos que non todas as familias poden desprazarse, polo que ofrecemos a posibilidade de solicitar o envío dunha destas maquetas a domicilio.