Empezamos o 2025 coa Casa Azul aberta.


Comezamos un novo ano con forza e ilusión desde ANEDIA. A nosa Casa Azul segue sendo o espazo de referencia para familias con diabetes tipo 1, con atención todos os luns do ano (agás xullo e agosto). Este servizo enmárcase no Proxecto BETA, que desenvolvemos coa colaboración do Plan Social de ENCE Pontevedra, dentro do compromiso por unha atención próxima e accesible para todas as persoas con diabetes.
#SaludYBienestar #PlanSocialEnce #Pontevedra #SomosTipo1 #CasaAzul