
Xa se está distribuindo o glicagón nasal, BAQSIMI, cunha nova empresa fabricante, inda non está ao 100% en farmacias pero xa comeza a chegar.
Lembrarvos que neste momento está financiado ata os 18 anos, para todos os que teñas risco de hipoglicemias graves, e as persoas con diabetes tipo 1 teñen un alto risco.
Sabemos que dende a Federación Española de Diabetes – FEDE se está a traballar para que a financiación desta medicación sexa para todas as idades. Temos moi claro é moito máis doádo de empregar que o inxectable, e debe estar dispoñible para todos.
Se alguén cun menor de 19 anos ten problemas para que se lle recete ou financia por favor contactade con nós.