O concello de Vigo a través do departamento de Servizos Sociais concedeunos unha subvención para poder levar a cabo un proxecto específico para a cidade de Vigo, que bautizamos como Diabetes tipo V1GO.
Un programa que intenta axudar as familias que conviven coa diabetes nesta cidade, potenciando a atención as familias e sobre todo a acollida dos diagnósticos recentes. Persoas de todas as idades poden acollerse a este novo proxecto que xurde grazas a poder contar cun local en Vigo o que nos permite axustar a atención as familias as súas necesidades.