
Unha nova edición do Diabetes Evolution vai ter lugar no Hotel Attica 21 da Coruña este 5 de Novembro.
Un ano máis temos que agradecer a Teresa Martínez Ramonde a organización deste evento, un evento que ya é obrigado no noso calendario, e alí estarán as familias de ANEDIA para aprender e compartir.
Diabetes Evolution é un evento organizado polo servizo de Endocrinoloxía e de Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña en colaboración coa Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición. As dúas primeiras edicións celebráronse en Santiago, levándose a cabo as últimas na Coruña e contaron coa presenza de máis de 200 persoas que se uniron para dar voz á diabetes.
A cada edición acoden profesionais de distintas partes do país e do mundo, para dar a súa visión sobre a diabetes e así conseguir un obxectivo común: informar para mellorar no noso día a día.
Tamén se pode seguir online, visitade a súa páxina para máis información https://diabetesevolution.es/
Talleres, charlas, mesas redondas, investigación, actividades para nenos…
Botádelle unha ollada ao programa, e lembrade que nos vemos alí o sábado 5 de Novembro!!
