Chega o día mundial da diabetes e para nós non é unha data para celebrar, sí para informar e formar, para dar a coñecer a nosa realidade.
Sí, podemos facer de todo con diabetes. Temos grandes exemplos en todos os deportes, traballos e actividades. Tamén podemos comer de todo, non somos en xeral alérxicos.
Son tempos de novas tecnoloxías, que nos abraian, e nos facilitan a vida diaria.
Dispoñemos de páncreas artificiais de ultimísima xeración, que nos volven NORMAIS!!, din as mutuas que: é notorio é coñecido que o estado da ciencia actual permite que estos enfermos poidan levar un ritmo de vida prácticamente normal.
Pois si, pero a realidade non é tan bonita.
Pasamos os días intentando normalizar algo que non o é. Esforzamonos, xa non no día a día, senón hora a hora intentando facer as cousas ben. En manter as rectas, temendo as subidas e as baixadas. Contando hidratos, suspirando se para que nos toque unha mestra empática, vivindo pegados aos móviles, sufrindo con cada corte de datos, con cada actualización automática que nos fai a puñeta, pensando en que nos equivocamos con cada desaxuste.
Se somos adultos pensando se decir na entrevista de traballo si temos diabetes ou non, pagando máis polos seguros se consigues que che admitan, tendo problemas en certos traballos porque non podemos parar a comer, beber ou ir ao baño cando o precisamos.
Pelexando as tiras, reclamando as citas, abraiando cando nos din que temos de todo, que somos uns privilexiados!
Cando non temos unha educación en diabetes adecuada, cando non vemos ao endocrino máis que con sorte unha vez ao ano. Pelexando por teléfono cos servizos técnicos, rogando nos centros de saúde para que comprendan que 2 sensores ao mes só cubren no mellor dos casos 28 días. Que os sensores as veces fallan. Que os catéteres se atascan. Que non chegan os consumibles a tempo.
Cando os menores de 4 anos teñen sorte de vivir en certas comunidades autónomas, porque para eles non está establecido de forma xeral que teñan dereito a un sensor de glicosa.
E así poderíamos seguir ata o infinito, así que celebrar pouco, loitar sempre!