DÍA MUNDIAL DA DIABETES EN LUGO.


Cando dicimos que ANEDIA ten presenza en toda Galicia, non é algo á lixeira, senón que realmente traballamos nas catro provincias, e tratamos de chegar alí onde se precisa. En LUGO, temos unha presenza continua dende fai moitos anos e neste día mundial da diabetes presentamos no HULA, o resultado do proxecto COMPARTE DIABETES, onde os profesionais deste hospital tiveron unha parte fundamental.
Un enorme panel de 3×2 metros que mostraba a muralla de Lugo e a súa relación coa diabetes, un escenario que se quedou pequeno para acoller a foto de familia dos profesionais coa nosa compañeira Silvia, vogal de ANEDIA en Lugo.
Pero isto é un traballo de todos, os que saen na foto e dos que non, pero que traballan e aportan para que a diabetes de un paso adiante e todos coñezan un pouco máis da nosa realidade.
Unha forte aperta a todas as familias de Lugo que viven con diabetes e tamén aos profesionais que día a día nos acompañan e nos forman para ter unha vida mellor.
Mil apertas azuis!!

Comparte diabetes é un programa Impulsado pola Conselleria de Política Social e Xuventude, dentro do marco do programa de da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e no que contamos co apoio dos profesionais da Area Sanitaria de Lugo e do #voluntariadoANEDIA.

@concello_de_lugo Concello de Lugo

#Somostipo1 #diabetesreal #vidacondiabetes #XuntosMáisFortes #movetepoladiabetes #redesazuis #RedesAzuis #WDD2023 #DiaMundialDiabetes #voluntariadoANEDIA #compartediabetes #type1diabetes #XuventudeGalicia