
O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes, e en ANEDIA queremos encher Galicia de cor azul, actividades e mensaxes de sensibilización arredor da diabetes tipo 1.
Baixo o lema “Vivir con Diabetes”, ao longo de todo o mes de novembro organizamos encontros, charlas, mesas redondas e accións divulgativas en diferentes cidades galegas, coa colaboración de profesionais sanitarios, investigadores e persoas que conviven coa diabetes no seu día a día.
Dentro das nosas actividades destacamos:
SANTIAGO DE COMPOSTELA – Venres, 7 de novembro
Vivir con Diabetes
De 18:30 a 20:00 h · Edificio Cersia Empresa (San Lázaro)
Avanzando xuntos no coñecemento e o tratamento da diabetes tipo 1
Dr. Miguel Ángel Martínez Olmos · Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS
Situación actual e novos avances en diabetes ocular
Dr. Francisco Gómez-Ulla de Irazábal · Miranza Instituto Gómez-Ulla
O coidado dos pés, unha visión de futuro
D. Navor Pereira Losada · Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

VIGO – Venres, 14 de novembro
Vivir con Diabetes
De 19:00 a 21:00 h · Museo MARCO
Mesa redonda con profesionais do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Vigo, persoas con diabetes e coidadores.
Participa Adrián Díaz Alonso (Don Sacarino)
A CORUÑA – Sábado, 15 de novembro
Vivir con Diabetes
De 11:00 a 13:00 h · Centro Cívico Círculo de Artesanos
Mesa redonda con profesionais sanitarios, persoas e coidadores con diabetes, e a participación de Adrián Díaz Alonso (Don Sacarino).
Coa colaboración da Área Sanitaria da Coruña e Cee
PONTEVEDRA – Venres, 28 de novembro
Investigación en Diabetes
19:00 h · Deputación de Pontevedra
Encontro coa participación de Iria Gómez-Touriño, Alejandro Briones Contreras, Ana Ramírez Iglesias e Cristina Solórzano Bello, do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS).
OURENSE – Sábado, 29 de novembro
Vivir con Diabetes – Taller de alimentación e diabetes en pediatría
De 10:30 a 14:00 h · Hospital de Ourense – Sala Cabaleiro Goás
Impartido por Karla Meneses e Rocío Maraver (La Mesa Azul), con actividades prácticas sobre alimentación e coidado en diabetes infantil.
Coa colaboración da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
Durante todo o mes de novembro tamén repartiremos pegatinas do Día Mundial da Diabetes en hospitais e centros de saúde de toda Galicia, e organizaremos actividades educativas en centros escolares para promover o coñecemento e a empatía arredor da diabetes tipo 1.
Porque vivir con diabetes non é doado, pero tampouco é un camiño en solitario. En ANEDIA, seguimos avanzando xuntos.
#DíaMundialDaDiabetes #VivimosConDiabetes #GaliciaAzul #ANEDIA #DiabetesTipo1