0 15 de novembro, na aula de N. no CEIP Canicouva de Vigo celebraron o Día Mundia da Diabetes. A profe Laura elaborou unha mochila e os compis de N. tiñan que meter nela o que ten que usar no seu día a día. Esta vez non había lápices de cores, habia glicómetro, zume, galletas… É un orgullo medrar con diabetes cando neste camiño azul atopámonos con persoas como vos. Grazas profe Laura e GRAZAS a todo o claustro por levar con nos a diabetes na mochila!