Día da educación física na rúa 2023


O venres 21 de Abril o COLEF Galicia organizou no Concello da Coruña o día da Educación Física na Rúa 2023, un evento voltamos estar presentes por segundo ano.

ANEDIA aproveitamos para presentar aos coles participantes o proxecto KiDS, e lles entregamos material educativo facilitado por Sanofi.

Case 400 escolares de sete centros educativos na Praza de María Pita, onde tiñan preparadas moitas actividades: kinball, datchball, noqball e rugby etiqueta; ademais dun circuíto viario de habilidade e un box de primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar.

Actividade incluida no noso programa #Somostipo1ACoruña. A vida é movemento e saúde!!