Día do pai.


Aos que están
Aos que se implican
Aos que aprenden cada día

Aos que saben ler un sensor
Entender frechas
Calcular hidratos, ratios e correccións

Aos que se levantan de madrugada sen dubidar
E manteñen a calma cando máis fai falta

Aos que comparten a responsabilidade
O cansazo
E tamén os logros

Porque na diabetes tipo 1 non hai espectadores
Hai equipo

E hoxe queremos recoñecer a eses pais que forman parte activa dese equipo
Que están
E que marcan a diferenza

Grazas 💙