
ANEDIA participa nunha xornada de Educación Física inclusiva en Ourense
Esta semana ANEDIA participou nunha xornada moi especial organizada polo Colexio Maristas de Ourense, coa colaboración de COLEF Galicia a través dos seus colexiados Pablo Suárez e Roberto Baltar, e co apoio da asociación ASPANAS e da Fundación HBL (Grupo Jim Sports).
A actividade puxo o foco na importancia dunha Educación Física inclusiva e accesible, promovendo valores como a igualdade, a participación e o coidado da saúde en todas as etapas da vida.
Desde ANEDIA, celebramos iniciativas que fomentan a saúde e o benestar tamén das persoas con diabetes tipo 1, e que apostan por unha cidadanía máis activa, máis sa e con máis oportunidades para todos e todas.
Agradecemos a todas as entidades implicadas pola súa colaboración e compromiso.