
🏃♀️📚 En ANEDIA damos un paso máis cara a unha sociedade mellor informada, máis sensible e máis inclusiva:un ano máis participamos no Día da Educación Física na Rúa 2026, celebrado na Praza de María Pita da Coruña.
As nosas voluntarias Noemí e Ana, achegaron a realidade da diabetes tipo 1 ao ámbito educativo e fixeron entrega de lotes do noso libro VIVIR CON DIABETES, de Os Bolechas aos centros participantes.
Esta acción forma parte do noso proxecto cultural “Coa diabetes na mochila”, subvencionado por Cultua da Deputación de Coruña, co que seguimos levando información, sensibilización e recursos educativos a centros educativos e bibliotecas de toda Galicia.
E aproveitamos para falar con Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación do Concello da Coruña.
Na actividade participaron 325 escolares de oito centros educativos da cidade, acompañados por 26 estudantes do Grao en Educación Primaria e dous profesores da Universidade da Coruña, Raúl Fraguela e Miriam Carretero.
Porque educar tamén é comprender 💙📘