DÍA DA DISCAPACIDADE EN MOAÑA


Na tarde de hoxe acudimos a Moaña para participar nunha xornada con ocasión do
día mundial da discapacidade convocados polo Concello de Moaña. Un encontro con moitas das asociacións coas que traballamos día a día.
Alí estivo a nosa vicepresidenta para falar de diabetes tipo 1, unha gran descoñecida, invisible e esixente doenza.
Compartimos esta experiencia con outras asociacións amigas, que traballan todos os días por unha integración plena e a non discriminación:
DOA Saúde Mental ADICAM Agaela Galicia Afamo Morrazo AFIMO @esclerosemultiple_morrazo Xoga Galicia DisCamino Ceddd Galicia Aspamsim Morrazo

#somostipo1 #XuntosMáisFortes #redesazuis #vidacondiabetes #movetepoladiabetes