
Desafíos en diabetes: un encontro para compartir, aprender e visibilizar
O vindeiro 24 de maio, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, celebrarase o evento Desafíos en diabetes, unha xornada organizada por ANEDIA pensada para crear un espazo seguro, participativo e enriquecedor arredor da diabetes tipo 1. A saúde mental, a relación coa comida, o autocuidado, o embarazo ou o papel da muller na xestión da enfermidade serán algúns dos temas protagonistas.
O programa inclúe sesións con expertos e testemuños en primeira persoa:
Saúde mental e diabetes
con Mario Rivas Carro (profesor na Escola de Enfermería da USC. Educador en diabetes e psicólogo), falaranos sobre o impacto emocional da diabetes e a importancia de integrar o apoio psicolóxico na atención sanitaria.
Claves para unha relación saudable coa comida e a diabetes
con Karla Meneses (Dietista-Nutricionista. Educadora en Diabetes. Membro da SED e dos Grupo de Traballo “Mulleres e Diabetes” e “Estilos de vida”. e Rocío Maraver (Dietista – Nutricionista, Membro da Sociedad Española de Diabetes (SED) e do Grupo de Traballo “Mulleres e Diabetes”) de La Mesa Azul
Dúas nutricionistas especializadas que nos darán ferramentas prácticas para convivir coa diabetes, sen culpa nin estrés, arredor da alimentación.
A xestión da túa diabetes, con persoas con diabetes.
Un espazo para compartir experiencias sobre autocuidado e ferramentas útiles para a xestión diaria da diabetes.
Como é a miña relación coa comida desde que teño diabetes?,
con María Alonso (Psicóloga xeral sanitaria especialista en diabetes e persona con diabetes).
Psicóloga que abordará os riscos de trastornos alimentarios en persoas con diabetes e o impacto de factores como o ciclo menstrual, o embarazo ou a presión estética.
Embarazo e diabetes: unha experiencia persoal,
con Vanesa Martínez Pérez (Enfermera educadora en diabetes. Master en diabetes)
Enfermeira e persoa con diabetes que compartirá a súa vivencia persoal sobre o embarazo, os retos e como superalos con seguridade.
Muller e diabetes,
con Mª José Picón (Facultativo Endocrinología y Nutrición. Hospital V. Victoria. Málaga. Vicepresidenta 1ª Sociedad Española de Diabetes
Endocrinóloga que analizará como afecta a diabetes nas distintas etapas da vida das mulleres, incluíndo a planificación familiar e os cambios hormonais.
Desafíos en diabetes é unha xornada para construír comunidade, aprender en grupo e dar visibilidade a realidades que moitas veces permanecen ocultas. Agardámoste o 24 de maio en Vigo para seguir facendo camiño xuntas e xuntos!
Como podedes inscribirvos? Podedes facelo de dúas maneiras:
- Dende os seguintes enlaces:
- Contactando con nós por teléfono ou no correo electrónico
644 97 14 54 – 644 31 95 95 // info@anedia.gal
Animádevos a participar e a compartir esta proposta con outras persoas e familias interesadas. Será unha excelente oportunidade para convivir, aprender e visibilizar a diabetes desde unha perspectiva positiva.