
Ter diabetes é un desafío ao que nos enfrontamos cada día.
Pero en ANEDIA queremos ir un paso máis alá.
Queremos crear un espazo onde entender mellor o que nos pasa, onde compartir experiencias reais e onde levarnos ferramentas útiles para o día a día.
Unha xornada pensada para abordar algúns dos retos máis importantes da diabetes, buscando ese equilibrio entre saúde mental, alimentación, insulina e tecnoloxía.
E tamén para falar doutros desafíos que moitas veces quedan máis ocultos, como a diabetes na muller.
Porque vivir con diabetes non vai só de números.
Vai de decisións, de emocións e de aprender constantemente.
✨ A formación é a clave para afrontar os desafíos
Contaremos con profesionais e persoas con diabetes que achegan coñecemento desde a experiencia real, nun espazo aberto, participativo e centrado na persoa.
📅 16 de maio
📍 Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Queda menos para que este desafío sexa unha realidade.
Nós estamos poñendo todo o esforzo.
Agora só faltas ti 💙
¡Inscripciones abertas!