
O sábado 16 de Maio, celebraremos en Vigo unha nova edición de Desafíos en Diabetes , unha xornada indispensable para todos aqueles que vivimos en primeira ou terceira persoa coa diabetes tipo 1. Porque a diabetes nos desafia cada día. Tomamos decisións constantes e buscamos un equilibrio entre insulina, alimentación, tecnoloxía e saúde mental. Pero tamén supón un reto aos profesionais sanitarios. Por iso quixemos reunir nun mesmo espazo a pacientes, familias e profesionais de referencia para compartir coñecementos, experiencias e ferramentas útiles para a nosa vida.
Contaremos coa participación de Belinda diabetes , Serafin Murillo , Rocío matrona , Iñaki Lorente , Manuel Avelino Penín e Iris Cabaleiro , que abordarán temas tan importantes como a tecnoloxía, a nutrición, a maternidade, a saúde emocional e a visión dos profesionais.
📅 16 de maio de 2026
📍 Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
🎫 Entrada gratuíta
👉 Inscrición a través da nosa web, tanto para asistentes como para actividades de conciliación.
Ou envía un whatsapp aos números 644 971 454 / 644 319 595, por correo a info@anedia.gal.
💙 Se convives con diabetes, formas parte dunha familia ou traballas neste ámbito, encantaranos contar contigo.
Agora só faltas ti.