DESABASTECEMENTO BAQSIMI


Cruzas os dedos para que non pase, pero o risco está ahí sempre agazapado agardando unha oportunidade.
As hipos con perda de conocemento existen e asustan, temos que vivir con iso, pero o importante e saber como xestionalas e ser capaces de pasar esos momentos con toda a serenidade que poidamos.
Temos as alarmas que nos alertan, pero non sempre son suficientes para evitalas, temos a medicación para resolvelas, pero eses momentos son de pánico absoluto.
Empregar un glicagón inxectable é complexo, moito máis rápido e inmediato é poñer un glicagón nasal, o BAQUSIMI, pero é moi difícil de atopar nas farmacias, neste momento é como atopar un tesouro e só está financiado para os menores de idade.
Nós temos claro que queda moito por facer, e ti?