Deporte e Diabetes, estudo coa Universidade de Vigo


En colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación  e do Deporte da Universidade de Vigo imos poñer en marcha un pequeno estudo sobre o deporte e a diabetes, co obxectivo de avanzar no coñecemento da relación entre a actividade física e a saúde das persoas con diabetes

O estudo está dirixido principalmente a rapazas e rapaces de entre 6 e 16 anos, aínda que tamén poden participar outros membros da familia que o desexen

A participación é totalmente voluntaria e todos os datos recollidos serán tratados de forma anónima e confidencial no marco do estudo

As persoas participantes realizarán unhas pequenas probas físicas sinxelas, cunha duración máxima aproximada de dúas horas

Data e lugar da actividade

Sábado 7 de febreiro de 2026
De 10 a 13 h
Pavillón do CEIP Xunqueira 2 – Pontevedra

📍 Localización
https://maps.google.com/?q=CEIP+Xunqueira+2+Pontevedra

👉 Enlace de inscrición
https://anedia.playoffinformatica.com/actividad/35/INSCRIPCIONS-Proxecto-Deporte-e-Saude-UVigo/

Queremos agradecer especialmente ao profesorado e ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo a súa implicación neste proxecto Para nós é moi esperanzador que os futuros e actuais profesionais da educación e do deporte coñezan máis sobre a diabetes e se impliquen na investigación e na mellora da calidade de vida das persoas con diabetes.

Inscripción abertas !

#deporte #diabetes #somostipo1