Cursos Academia Diabetes


SOMOS TIPO 1 PONTEVEDRA é o programa de actividades que realizamos en colaboración coa Deputación de Pontevedra

Neste mes de outubro arrancamos cunha novidade moi especial, os cursos en colaboración con Academia Diabetes, que che permiten aprender e compartir con profesionais de primeiro nivel

Nesta edición tes tres opcións para escoller segundo as túas necesidades

1- Para quen acaba de recibir o diagnóstico ou quere comezar dende cero
Curso básico sobre nutrición e diabetes tipo 1 (primeira parte)
Con Serafín Murillo

2- Para quen quere mellorar no ámbito deportivo
Curso avanzado de exercicio e diabetes tipo 1
As sesións serán os mércores pola tarde de 6 a 8, en formato videoconferencia con Serafín Murillo

3- Para quen convive ademais coa celiaquía
Manejo da diabetes tipo 1 con enfermidade celíaca
Con Inma Llopis

Grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra e ao apoio desta subvención, todos os cursos contan cun 50% de desconto sobre o prezo da web

Agardamos que estas formacións sexan do teu interese e que axuden a seguir medrando en coñecemento, confianza e apoio mutuo dentro da nosa comunidade

Inscríbete xa no seguinte ENLACE!