Hoxe martes 17 de Agosto é un día especial para ANEDIA e o Concello de Cuntis que vai ser o primeiro concello en participar nun novo programa que poñemos en marcha.
ESPAZO DIABÉTICO PROTEXIDO, implica que o concello vai ter glucómetros e glucagón nos botiquíns do seu concello, do que poderán facer uso as persoas con diabetes en caso de emerxencia e tamén unha formación en diabetes para a Policía Local e Protección Civil, porque en todos os concellos existen persoas con diabetes e tanto ao concello coma a nós, nos parece esencial ter un mínimo de coñecemento sobre diabetes.
É un día no que a diabetes tamén se vai de festa a Cuntis, porque ven con nós a todas partes, e non podemos deixala na casa, pero tampouco podemos deixar de facer a nosa vida, e iso inclúe as festas e actividades lúdicas.
Programa de hoxe en CUNTIS:
18.00h. Apertura de mesa informativa na Praza de Ferrol.
19.00h. Espectáculo de narración oral “Travesías” (ANEDIA) con Raquel Queizás na Praza de Ferrol.
20:00h Presentación dos botiquíns de diabetes e Inauguración da exposición de fotografía
“Cuntis 111 En Conciencia coa Diabetes”
Agardamos por vós en Cuntis hoxe !!