Cris, nai

Cando a diabetes tipo 1 aparece nás nosas vidas en segundos descobres que van a cambiar para sempre.

Reseteamos, e aprendemos tódolos cambios que debemos tomar para volver a ela, a nosa vida de sempre.

Evidentemente todo ten un proceso, os endocrinos e pediatras, enfermeiras e educadoras xogan un papel fundamental, volvemos a escola para saber contar hidratos, calcular dosis de insulina e aprender a pinchar, a pinchar eses dediños e esas barrigas, esas pernas e brazos….e doe, doe facelo, máis aínda que os pinchazos.

Logo descobres outras familias como a túa, unhas que empezan e outras que levan xa moito camiño

andado, e da súa man unha asociación como a nosa, como ANEDIA, que che colle e che axuda a levantarte, a volver a andar, descobres a eses pais que se esforzan para ser eses páncreas dos seus fillos que xa non traballan, e neso te convertes, nun páncreas con patas, que intenta facer o mesmo que un órgano interno, pero desde o exterior.

E pelexaste, cos índices glicémicos das comidas, cas graxas, cas doses de insulina que cambian a pracer, cas enfermidades, e tamén co resto do mundo, que sólo ve a punta do iceberg, que non ve o que é realmente a diabetes tipo 1.

E de novo pelexaste, pelexaste para que entendan que poden volver a súa vida normal, cumprindo catro cousiñas que normalmente os nenos acaban entendendo e aplicando o seu día a día rapidamente, e intentas votar fora tódolos medos, e decirlle a todo o mundo que sí, que poden ir os cumpreanos, que

poden ir ó cine, que poden ir a esa festa de pixamas, e que sí, que poden xogar o baloncesto ou o que

queiran, e facer moitas máis cousas coma calquera outro neno

E máis, necesitan todo iso para poder sobrelevar o lado malo que lles tocou vivir. Porque lembrade, que é

unha enfermidade autoinmune, e que lle pode tocar a calquera. Por iso no día mundial da diabetes,

agradecemos o persoal sanitario, os papás e mamás páncreas, os padriños, amigos, avós e todos

aqueles que sí o entenden, a tódolos que nos axudan a volver a esa nova normalidade.

Os nosos fillos seguen sendo nenos, e queren facer o mesmo que os demais, non os deixedes de lado

por ese medo, preguntade, informádevos e axudádenos, axudádenos a que ese iceberg se vexa na súa totalidade e non nos afunda.

A todos os que se implican e nos axudan, mil grazas!!