CONVIVENCIA (encontro paralelo á xornada do III medrando con diabetes)


De xeito paralelo á xornada do III medrando con diabetes, imos realizar un encontro coas familias esa fin de semana en Lugo, será no Albergue LUG-2.

A nosa intención é facer unha xornada aberta a todas as familias que queiran acompañarnos, con programas diferenciados para todas as idades.

E cun programa propio de actividades para  a tarde noite do venres a maiores da propia xornada. Pero tamén pasar só o sábado compartindo diversión con xente do teu igual.

As actividades van a cargo de Anedia e o Concello de Lugo, as familias só teñen que aboar os gastos de comidas e hospedaxe.

Pódese escoller entre pasar a noite do venres, a do sábado, as dúas ou simplemente acudir ás actividades do sábado.

As actividades do sábado terán un prezo de 7 euros, e inclúen comida e merenda. Os que se queden en media pensión ou pensión completa xa non teñen que pagar isto, xa o teñen incluído.

As nenas e nenos entre 12 e 17 anos poden  estar cos adultos da familia ou ben compartir habitacións con outros da súa franxa de idade e pasar todo o fin de semana de xeito independente. Terán algunha charla o venres adecuada a súa idade.

Os maiores de 18 con tipo 1 terán tamén un programa de charlas o vernes pola noite, sábado III Xornada de Medrando no HULA e pola tarde poderán acudir ao rocódromo.

Para pais e nais está previsto unha reunión/charla o venres pola noite e logo o sábado III Xornada de Medrando no Hula e pola tarde os que queiran poderán acudir ao rocódromo.

O domingo pola mañán está previsto un roteiro por Lugo para todos os que se queden.

Os rapaces poden traer algún amigo ou familiar.

No albergue LUG2 que queda no centro de LUGO contamos con habitacións de 2,3 e 4 prazas.

Os prezos son:

Prezo en pensión completa por persoa e día: 25€

Prezo en media pensión por persoa e día: 23€

 

Agardamos que vos guste e que vos unades a esta nova aventura con ANEDIA!

 

No seguinte enlace tendes o Formulario para rexistro da Convivencia:

https://forms.gle/ojbsXYqkPhdyd4kg6

 

 

PROGRAMA DEFINITIVO