COÑECE A TÚA PROVINCIA – DEPUTACIÓN DE LUGO


Coñece a túa provincia é un programa da Deputación de Lugo, no que participamos neste 2022.

Aproveitamos esta oportunidade para premiar as boas prácticas dos centros educativos, porque o foco temos que poñelo naqueles centros onde o alumnado con diabetes está atendido e a inclusión é unha realidade.

O primeiro centro que puido disfrutar desta experiencia foi o CEIP Rosalía de Castro de Lugo. Asistiron dúas clases, unha mediante o programa da Deputación, e outra subvencionada polo centro.

A ruta escollida foi a RUTA 3 – Cervo, con visita á fábrica de Sargadelos, ao paseo dos Namorados e á vila de San Cibrao: Praia do Torno, carpintería de ribeira e Museo do Mar en Cervo, con xantar no restaurante Buenavista de San Cibrao.

Segundo nos contaron a experiencia foi fantástica, e axudou a enfrontarse aos medos que as veces podemos ter, cando temos rapaces e rapazas na aula con algún problema de saúde.

Neste caso 8 casos de alerta escolar entre os participantes, que poderían botar para atrás a máis de un, pero esta experiencia puxo en evidencia que o que se precisa é intentar facer unha vida o máis “normalizada” posible, e seguir sumando experiencias.

Agradecer dende ANEDIA, á Deputación este programa e a súa total dispoñibilidade para as nosas necesidades, e mil grazas a todo o profesorado do centro por sumarse a esta experiencia.