Se algo nos ensinou a diabetes é que sempre hai que ter alternativas previstas.
Porque as cousas poden torcerse.
Porque os imprevistos existen.
Porque a realidade cambia cada día.
E iso mesmo pasa cos profesionais sanitarios, poden enfermar, coller vacacións, concursar a outro destino…. teñen uns dereitos que se deben respectar e por riba de todo son persoas.
Por iso a xestión sanitaria sabemos que é complexa, pero non pode servir de excusa.
Onte mantivemos unha reunión no HULA, cos responsables da xestión, e alí falamos de falta de atención en diabetes en pediatría que xa pasa do ano.
E trasladáronnos compromisos concretos:
➡️creación dunha unidade de diabetes compartida Lugo–Monforte
➡️Vías directas de contacto para as familias, con resposta áxil
➡️Reforzo de persoal en canto sexa posible
Valoramos positivamente esta reunión e agora toca poñer en marcha o sistema.
A diabetes tipo 1 é complexa e require formación específica. Precisamente por iso non pode quedar sen planificación. Non pode depender das circunstancias nin da improvisación.
Dende ANEDIA estamos para colaborar e aportar sempre que sexa posible.
Somos máis de 500 socios en toda Galicia e coñecemos ben o que significa vivir con diabetes tipo 1 e o que implica unha atención sanitaria ben organizada.
Esta situación confirma unha das nosas apostas: Galicia precisa un plan integral de atención á diabetes tipo 1, para que a atención non dependa do código postal nin da porta pola que entres.
Agora toca estar atentos á posta en marcha das medidas comprometidas!