💙 COMPARTE +18 | Compartir tempo entre iguais
As veces o que más necesitamos non é máis formación, máis tecnoloxía, senón simplemente ter tempo para nós mesmos e tamén poder compartilo con personas que viven tamén con diabetes.
Por iso, este ano escollemos Poio como escenario para o COMPARTE +18 e para durmir e compartir tempo o O Casal da Martiña, un espacio ideal para pasar xuntos estas xornadas.
📅 11 e 12 de setembro
📍 Poio e Pontevedra
👥 Para persoas adultas con diabetes tipo 1 , con preferencia para mozos y mozas de 18 a 35 anos .
Un taller de cociña, formación, saúde mental, conversas, actividades… pero sobre todo tempo para coñecernos, compartir experiencias e relaxarnos nun marco ideal
Porque hai momentos nos que compartir o que vivimos con alguén que nos entende sen ter que explicarnos é o máis importante. 💙
📢 Inscricións abertas en anedia.gal
ℹ Máis info en anediagalicia@gmail.com e 644 97 14 54
Este COMPARTE +18 forma parte do Proxecto BETA, dentro do Plan Social de Ence energia y celulosa , e do proxecto SOMOS TIPO 1, financiado pola Deputacion de Pontevedra
💙 Porque compartir tamén forma parte de coidarnos.
