
Dentro da nosa línea de traballo por toda a comunidade toca encontros hoxe no Hospital de Montecelo da área Sanitaria de Pontevedra.
E mañán estaremos no Concello de Santiago no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño.
Podedes achegarvos a recoller os libros dos Bolechas, pero tamén a compartir un rato con nós, coñecernos e falar con tranquilidade. Porque moitas veces as persoas con diabetes e as súas familias necesitamos algo moi sinxelo, pero moi importante: espazos seguros onde poder expresarnos no noso propio idioma, sen ter que explicar constantemente o que sentimos.
Espazos onde compartir preocupacións, dúbidas, cansazo… pero tamén experiencias, apoio e acompañamento.
Porque ás veces o peso da diabetes faise máis lixeiro cando alguén ao outro lado entende realmente do que estás falando 💙