
Imos aproveitar o mes de Agosto para realizar unha formación dirixida a persoas adultas con diabetes tipo 1, en especial para xóvenes de 18 a 30 anos, dentro do noso proxecto BETA, financiado polo Plan Social de ENCE.
Un fin de semana onde misturamos actividades lúdicas que nos permitan compartir momentos entre iguais e pero tamén formación, ademáis formación en grupos moi reducidos e especializados.
Na xornada Desafíos en Diabetes que celebramos no mes de maio en Vigo, tivemos un poñentes excepcionais e que espertaron moito interese polo que decidimos organizar talleres con eles.
Karla Meneses e Rocío Maraver, nutricionistas de La Mesa Azul, e que participaron tamén en actividades formativas para o persoal sanitario en al menos dúas ocasións neste 2025 en Galicia, farán un taller sobre nutrición relacinado co ciclo menstrual e a diabetes.
Pero non podíamos quedar só con iso, por iso Mario Rivas dirixirá outro taller en paralelo sobre a xestión da diabetes como educador, pero tamén falando das relacións interpersoais e a sexualidade enfocada a persoas con diabetes tipo 1.
Ademáis contamos coa colaboración de profesionais da área sanitaria de Pontevedra, con algunha sorpresa que de seguro vos vai gustar.
Para os que veñen de lonxe ofrecemos aloxamento en Bungalows no Ecoparque de Marin onde realizaremos todas as actividades. Teredes dispoñible tamén cea e almorzo, e para os que queiran o domingo organizaremos tamén unha comida.
As formacións son totalmente gratuitas así como o alxamento e as actividades, só existe un copago de 30€ para cea e almorzo. A comida do sábado tamén será por conta dos participantes.
Agora só queda agardar que esta gran oportunidade de formación vos encaixe nos vosos plans e axenda. Non deixedes pasar a ocasión, que desta hai poucas!
INSCRIPCIÓNS DISPOÑIBLES NO SEGUINTE FORMULARIO

AXENDA COMPARTE DIABETES. +18
Venres 22 de agosto.
16.30h. Recepción dos participantes.
17h. Circuitos arbóreos.
20h. Formacións en diabetes por parte de persoal da Área sanitaria de Pontevedra e o Salnés.
21.30h. Cea.
22.30h. Aloxamento en bungalows.
Sábado 23 de Agosto.
9.30h. Almorzo.
10.30h. Talleres formativos alternativos
Taller ciclo menstrual, alimentación y diabetes. Con Rocío Maraver e Karla Meneses de La Mesa Azul (Nutricionistas).
Taller xestión de diabetes, relaciones interpersoais e sexualidade en homes con diabetes tipo 1. Con Mario Rivas, educador en diabetes e psicólogo.
12.30h. Formacións en diabetes por parte de persoal da Área sanitaria de Pontevedra e o Salnés.
13h. Despedida do programa.
13.30h. Comida para os que queiran quedarse.
Posibilidade de acudir só á xornada do sábado.
Tamén temos posibilidade de aloxamento o sábado.
** Só temos 18 prazas para aloxamento **