COMPARTE DIABETES +18


Formación intensiva para persoas adultas con diabetes tipo 1
22 e 23 de agosto de 2025 | Ecoparque de Marín (Pontevedra)

Que é?

Un espazo de formación especializada e convivencia entre iguais, pensado para persoas con diabetes tipo 1 maiores de 18 anos, especialmente mozas e mozos entre 18 e 30 anos.

Durante dous días, ofreceremos talleres prácticos e charlas formativas en grupos reducidos, impartidos por profesionais con ampla experiencia e tamén por persoas que viven a diabetes en primeira persoa.

Contido formativo:

  • Xestión emocional, relacións e sexualidade en persoas con DM1,
    con Mario Rivas, psicólogo e educador en diabetes.

  • Ciclo menstrual, alimentación e diabetes,
    con La Mesa Azul (Rocío Maraver e Karla Meneses), nutricionistas especializadas.

  • Acompañamento desde dentro,
    con Iria González Fontán, residente de enfermaría da Área Sanitaria de Pontevedra e persoa con diabetes tipo 1.

  • Formación sanitaria,
    a cargo de profesionais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Onde?

O encontro terá lugar no Ecoparque de Marín, un espazo natural onde se desenvolverán tanto as formacións como o aloxamento (en bungalows compartidos).

Inclúe:

  • Aloxamento en bungalow

  • Cea do venres e almorzo do sábado

  • Posibilidade de xantar o sábado (opcional)

  • Actividades formativas e materiais

Só se require un copago de 30 € para a cea e o almorzo.
A formación, actividades e aloxamento son completamente gratuítos grazas ao financiamento do Proxecto BETA, dentro do Plan Social de ENCE.

⚠️ Prazas limitadas!

Só hai 18 prazas con aloxamento.
Tamén podes participar só na xornada do sábado.

INSCRICIÓNS ABERTAS:

Cubrir formulario de inscrición

Máis información: info@anedia.gal
644 97 14 54 / 644 31 95 95