COMO MANEXAR A PRÁCTICA DEPORTIVA EN PERSOAS CON DIABETES TIPO 1


En diabetes temos clara a importancia da actividade física e o deporte nas nosas vidas, por iso poder contar con SERAFIN MURILLO de novo, nun encontro cun carácter diferente e moi importante para ANEDIA e para o COLEF GALICIA co que levamos xa tempo colaborando.
Un encontro dirixido a deportistas, entrenadores, educadores físico deportivos e outros profesionais, clubes, asociacións e centros educativos,….. todos os que teñades interese nestes dous ámbitos: diabetes e deporte.
Será o vindeiro venres día 25 de outubro as 17.30 horas. A entrada é gratuíta, e só por cuestión de organización as persoas que queiran participar necesitamos que cubran este FORMULARIO
No Edificio municipal CERSIA EMPRESAS – Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n. Santiago de Compostela, grazas a @concellosantiago
Esperamos que vos guste esta proposta!