Comenza un novo curso, e todos temos un pouco de nervos, todo hai que decilo.
Nos últimos anos a colaboración dos centros e do profesorado medrou, pero seguimos a ter algún punto negro.
Hoxe queremos ser positivos e imos quedarnos cos centros que poñen da súa parte.
Nesta primeira semana de setembro fixemos formacións en oito centros, dise rápido, oito, en cinco días, e son moitos os centros xa cunha formación axendada nas vindeiras semanas.
A administración e os profesionais do ensino teñen que ter claro que a diabetes non a podemos deixar na casa, acompaña aos nos fillos e fillas nas aulas e precisa dunha atención específica.
Este alumnado ten dereito a unha inclusión efectiva e real como o resto.
Agradecer a todos as persoas participantes nas formacións o seu interese e implicación. Ánimo mañán!!
#queadiabetesnontepare #coadiabetesnamochila #diabetestipo1 #medrandocondiabetes #realdiabetes #vivircondiabetes