En diabetes é fundamental a parte emocional, xestionar a túa diabetes ou a dun familiar é unha mochila na que temos que sumar sempre unha pedra extra, e das grandes.
Por iso intentamos ofrecervos dentros dos nosos programas de atención integral unha parte de apoio emocional e acompañamento psicolóxico, con profesionais implicados e preparados.
Dende fai uns meses estamos colaborando con Ángela Pérez Ouviña, psicóloga e persona con diabetes tipo 1, que ademáis dun bo facer profesional fala o noso idioma e entende perfectamente o que nos pasa, porque tamén o vive.
Así con esta colaboración, que lle agradecemos a Ángela infinitamente, as persoas socias de ANEDIA teñen un desconto do 50% nas sesións.
Ángela ten o seu despacho en Santiago, e podedes contactar con ela no teléfono 635 234 413.
Para máis información podedes visitar a súa páxina web, https://www.angelaperez.es/
Estas consultas forman parte do noso programa #somostipo1.
O programa Somostipo1Coruña está financiado polo Concello de A Coruña, Somostipo1Pontevedra está financiado pola Deputación de Pontevedra.