En tempos onde a solidariedade e o apoio mutuo son máis necesarios que nunca, empresas como La Caixa de A Pobra do Caramiñal demostran o seu compromiso coa comunidade. Este ano, grazas á súa generosa contribución, tres participantes da comarca do Barbanza puideron desfrutar de experiencias inesquecibles no Campamento de Verán Anedia 2023 en O Grove.
O compromiso do Barbanza tamén se reflicte en eventos como a carreira solidaria realizada na Pobra do Caramiñal durante este verán. Unha iniciativa que reuniu a centos de persoas baixo o lema da solidariedade e que, sen dúbida, deixou unha marca profunda na nosa comarca.
Desde Anedia, queremos recoñecer este esforzo e agradecer de corazón a La Caixa de A Pobra do Caramiñal e a toda a comunidade que, día tras día, demostra que xuntos podemos alcanzar grandes obxectivos.