Colaboración entre iguais.


Onte despois de atender a unha familia pasamos pola Peregrina en Pontevedra e a verdade que inda en obras e cuberta de andamios e preciosa. E non puidemos evitar pensar que exactamente así é como vivimos ANEDIA dende dentro.

Parece que sempre estamos de obras, redactando proxectos, xustificando subvencións, pedindo colaboracións, e cada vez chegan máis familias, os problemas non desaparecen, cada vez aparecen máis, pero tamén vemos familias que evolucionan e comenza a vela luz.
Mulleres e homes que van avanzando nas súas vidas, e onde tratan de que a diabetes non lles pese tanto día tras día, vivimos momentos compartidos nos cafés, nos nosos locais, nas chamadas onde choramos nos dous extremos da liña, nos abrazos reais e online que nos enviamos.

E ahí esta a maxia…. en colaborar entre iguais e poder axudarnos, chorar e rir xuntos.

Hoxe de novo estamos igual, chamadas, atención presencial, reclamacións, solicitudes, receitas, programas novos en redacción, proxectos que se consolidan…

Así é a vida con diabetes, con andamios permanentes, pero que non nos impiden disfrutar da beleza da vida.

E así en breve caeran parte dos andamios e disfrutaremos con vós dos nosos proxectos…..

Coa diabetes na mochila coa subvención de Cultura de Deputación de A Coruña.

Proxecto BETA, que desenvolvemos coa colaboración do Plan Social de Ence

SOMOS TIPO 1 patrocinado pola Deputación Pontevedra e Concello de Coruña.

Redes Azuis coa colaboración de Voluntariado Galego

E moitas actividades que xa están no noso calendario…..

#somostipo1acoruña #somostipo1pontevedra #coadiabetesnamochila