Colaboración da SCNHV co voluntariado


Non sería posible facer un campamento de diabetes sen voluntariado. Este foi un dos temas que falamos cos profesionais sanitarios.
Neste campamento temos voluntarios de perfís variados, persoas con diabetes, pais e nais de rapaces con diabetes, irmás e irmáns e tamén sanitarios, e das catro provincias!
Pero para todo isto precísase axuda, e por segundo ano temos a colaboración da Sociedade Concesionaria do Novo Hospital de Vigo que nos axuda co voluntariado do campamento, e os que lle queremos agradecer a súa axuda.