
No CEIP Ponte dos Brozos levamos a cabo unha intervención na aula dentro do noso programa Cultura “Coa Diabetes na Mochila”, unha iniciativa pensada para sensibilizar e educar dende idades temperás.
Nesta ocasión, traballamos co alumnado a través do proxecto Os Bolechas, combinando aprendizaxe, cultura e saúde dun xeito dinámico e participativo.
Este programa está subvencionado por Cultura da Deputación de Coruña e conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación, así como coa colaboración de Natividad Rodríguez, a quen agradecemos o seu compromiso e implicación.
Seguimos avanzando na concienciación sobre a diabetes, levando información e valores ás aulas