
Este sábado ás 11:00 horas, no marco da @feirapontesan, terá lugar unha charla impartida por Javier Sanhonorato Vázquez, avogado madrileño con ampla experiencia neste ámbito e un dos maiores expertos legais en España sobre a CUME.
A CUME (Cuidado de Menor con Enfermidade Grave) é un permiso que permite a redución de xornada laboral para poder atender fillos ou fillas menores que padezan unha enfermidade grave. Trátase dun dereito recoñecido para:
-
Traballadores por conta allea.
-
Persoas autónomas.
-
Funcionarios e outros tipos de persoal público (con regulacións específicas).
O obxectivo da charla é dar a coñecer en detalle este dereito, as condicións de acceso e os procedementos legais para solicitalo, así como resolver dúbidas frecuentes que se presentan ás familias.
Desde ANEDIA queremos lembrar que a nosa asociación conta cun convenio de colaboración xurídica en vigor desde hai anos, grazas ao cal as persoas socias dispoñen dun servizo de asesoramento especializado en cuestións legais relacionadas coa diabetes e coidado de menores, incluída a CUME.
Animamos a todas as familias interesadas, así como a outras entidades sociais, a asistir a esta cita que pode resultar de grande utilidade.