CEIP PRAIA XARDÍN (BOIRO) – EDUCACIÓN


Participamos na Semana da Educación Física na Rúa no CEIP Praia Xardín (Boiro)

Un proxecto impulsado polo propio centro que promove hábitos saudables e a educación a través da actividade física, cunha programación chea de actividades diversas

Dentro desta iniciativa, desde ANEDIA levamos a diabetes ao ámbito educativo
A través de charlas adaptadas ao alumnado, materiais e dinámicas que permiten achegar esta realidade dun xeito próximo e comprensible

Esta acción forma parte do noso plan cultural “Coa diabetes na mochila”, desenvolvido grazas á subvención da Área de Cultura da Deputación da Coruña

Un proxecto que nos permite traballar a sensibilización e a educación en diabetes desde unha perspectiva cultural, empregando ferramentas como os materiais dos Bolechas, cadernos de actividades e recursos didácticos

Ademais, tamén presentamos ao profesorado o programa KiDS, reforzando a formación nos centros educativos para mellorar a atención ao alumnado con diabetes

Porque a educación é clave
Para entender
Para acompañar
E para incluír 💙