Carol, 21 anos

Recordo cando me diagnosticaron diabetes tipo 1, eu tiña 11 anos e

non era moi consciente do que significaba pero tamén me acordo

que me dixeron que eu non estaba enferma, que era unha

enfermidade.

Desde entón só penso que esa é ”a clave” . Que vivimos e facemos o que todo o mundo, se me ves pola rúa e non me recoñeces, como

vas saber que teño diabetes?

Aconséllannos que non debemos tatuarnos, perforarnos as orellas,

ou o nariz, nin enfermar, nin comer doces… Coñecemos as regras,

pero non poden ser un pouco flexibles?

Como calquera outro novo adolescente queremos as mesmas cousas. Teño piercing desde fai 5 anos, fíxenme unha tatuaxe de

seguridade médica e vivo con diabetes desde fai 10.

Sempre cuidandome moito, con moita paciencia para curar as feridas, levando unha vida san… todo se pode conseguir.

Eu, só quero vivir.

Scroll ao inicio